O 14 de febreiro, Bate no corazón con Implicadas! Posted febrero 5, 2016 by Implicadas

0

bate_no_corazon_boletinSeguramente estes días próximos ao 14 de febreiro, a cor vermella e os corazóns anegarán as nosas pupilas. Ao noso arredor Cupido, as rosas e os bombóns tentarán facernos crer no amor heterosexual de parella e eterno.
En Implicadas gústanos propoñer outros tipos de amor, eses que se basean na sororidade coas mulleres do Sur, na compaña divertida e no uso do corazón para transformar o mundo cada día.

Queres pasar un San Valentín diferente? Aquí non nos interesa o teu estado civil, a túa orientación sexual, se ves soa ou acompañada, en parella, trío ou poliamorío. O noso obxectivo: que uses o corazón para bater na conciencia. Que o noso amor eterno sexa o compromiso coa xustiza. Que a nosa felicidade parta de querer un mundo onde todas, no Norte e no Sur, teñamos espazos para ser libres e decidir sobre as nosas vidas.
O día de San Valentín, Bate no corazón con Implicadas!

Onde? Pavillón Municipal de Bastiagueiro (IES María Casares) Oleiros.
Cando? De 11:30 a 13:30h.
Como? o mesmo día no pavillón a partir das 10:45h.
Canto? 15 ou máis anos: 5 euros. Menos de 15 anos: donativo libre.
Quen? Contaremos con instructoras/es de Zumba e Body Combat. José L.Yagüe, Miguel Álvarez, e o grupo The Galician Warriors.

E se es máis das persoas clásicas e queres amosar o teu amor, sempre podes dedicarlle a esa persoa especial un inspirado tema de zumba, mercar unha galleta con forma de corazón ou traer unha bonita rosa no pelo –se es home, levarás un detalliño especial–!.

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies