Activismo

1 de 200 implicadas

Cartel Quererás ser da campaña ‘1 de 200’

Un dos principais obxectivos e preocupacións de Implicadas é a sensibilización da nosa sociedade sobre a pobreza, as súas causas e as súas solucións, porque cremos que para conseguir un mundo máis xusto e solidario é primordial cambiar primeiro a mentalidade das persoas que vivimos nos países máis ricos.

Este labor materializámolo a través de distintas actividades de sensibilización en Galicia coas que pretendemos achegar a realidade dos países empobrecidos do Sur, a India en particular, á sociedade galega. En Implicadas gustamos moito de tecer redes, tanto no noso país como naqueles nos que promovemos proxectos de desenvolvemento, por iso ao longo destes anos de andaina fomos creando ligazóns que nos afirman como raíces.

>> Co mundo da cultura galega: en actividades como a publicación do libro O son das buguinas ou As que rubimos montañas, recitais de poesía ou o Implícate, noite de música e palabra solidaria, unha festa de reivindicación e celebración que vimos celebrando dende o 2005 e na que, ano tras ano, se nos unen as e os artistas máis relevantes do noso país para amosar o seu compromiso.

>> Co tecido asociacionista de Galicia: en especial con asociacións de mulleres ou feministas, como a Marcha Mundial das Mulleres na que estamos integradas hai anos, pero tamén con asociacións veciñais, de mocidade, deportivas…

>> Coas persoas e grupos activistas do Sur: tentando achegar a súa voz á nosa sociedade, a través de iniciativas como a Escola Feminista ou as diversas visitas de persoal das nosas contrapartes na India.

>> Tendendo pontes entre a cultura galega e a da India: como a través do libro Vanakkam/Benvidas ou a visita da poeta e activista támil, Salma.

.

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies