Campañas

Fai clic nos logotipos para visitar os seus sitios web específicos. Están cheos de información e recursos!

imaxe_branco

2012-2013. Cambia de Papel é unha campaña que busca un mínimo de 50 novas socias/os e 20 voluntarias/os para sustentar o traballo da organización e con iso afianzar un cambio de imaxes e actitudes da cidadanía do Norte que axude a poñer en marcha alianzar coa cidadanía e en particular coas mulleres do Sur para a superación da inxustiza planetaria da que toda se dotos facemos parte. Máis información.

 

logo1de2002010-2011. 1 de 200. A violencia de xénero é un fenómeno que toma diferentes formas en todas as sociedades e que ten as súas raíces na discriminación que mulleres e nenas padecemos en todo o mundo. A discriminación impide que as mulleres poidamos desenvolvernos como persoas a moitos niveis, que poidamos obter acceso a recursos, control sobre os nosos corpos ou tomar decisións. Na India, máis en concreto en Támil Nadu, son miles as mulleres que loitan contra o infanticidio feminino. Dende aquí ti podes unirte a elas e facer que as sociedades sexan un chan vizoso onde todas as persoas poidamos crecer e vivir con dignidade. Máis de 200 nenas morren cada ano en Salem (India). 200 persoas poderían cambiar esta situación.

 

auga_logo2008-2010. AUGA en Etiopía comezou no ano 2008 como un proxecto de carácter multidisciplinar e inclúe un número importante de accións, que van dende a formación en centros de secundaria, ata a creación dunha exposición ata a celebración de actos públicos de sensibilización e participación. Os obxectivos que queremos acadar con esta actividade son os seguintes: Achegar a realidade de Etiopía, a importancia do coidado ambiental e a desigualdade de xénero;  recadar fondos para os nosos proxectos de Etiopía, e promover un compromiso máis a longo prazo da cidadanía.

sds

.

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies