Documentais

cambia de papel documental

‘Cambia de Papel’ exerce una mirada afastada do típico documental xornalístico ou informativo. Nesta peza fílmica fálase dos múltiples papeis que as persoas desenvolvemos nas nosas vidas e de como o cambio, sobre todo nas condicións máis difíciles, fai que tamén se produza unha transformación no mundo que nos rodea. As protagonistas de ‘Cambia de Papel’ falan da súa vida cotiá, do seu día a día, sen ningún tipo de dramatismo pero sen esquecer tampouco que hai esforzos maiores ca outros e que deberían axudar á cidadanía do Norte a relativizar, conectar e actuar. Deste xeito, ‘Cambia de Papel’ trasládanos á pel da outra banda na busca da reflexión e da transformación necesaria para facer da nosa sociedade e do noso sistema un lugar mellor.

A longametraxe está dirixida e producida por María Reimóndez (fundadora de Implicadas no Desenvolvemento, escritora e experta en enfoque de xénero), Luís Tosar (actor, socio e colaborador de Implicadas dende 2008) e Kutti Revathi (escritora, cineasta támil, editora da revista feminista Panikkudam e da publicación sobre cinema feito por mulleres Kannadi, colaboradora asidua en proxectos de Implicadas).

FICHA TÉCNICA:

Título: Cambia de papel
Non ficción / 38:18 min / HD / 2013
Dirixido por: María Reimóndez, Kutti Revati e Luis Tosar
Produción executiva: Luis Tosar e María Reimóndez
Música: Piti Sanz
Montaxe: Jorge Coira e Alicia Arias
Animación: Raquel Sáncehz
Cámara: Luis Tosar, Kutti Revati, Santhosh e Jenny
Postprodución: María Platas e Borja Pozueco
Idioma orixinal: Galego e Támil
Subtítulos: Galego
Año: 2013
Estrea: 9 de abril 2013. CGAC, Santiago de Compostela.
Producido por: Implicadas, Filmanova, PDI e Zircozine

Descargar folleto do documental

Este documental, dirixido por María Reimóndez, está formado por dúas curtametraxes localizadas na India e en Etiopía respectivamente. O traballo trata o tema do microcrédito, unha metodoloxía de traballo en cooperación ao desenvolvemento con xa máis de trinta anos de antigüidade pero practicamente descoñecida para o mundo occidental. O microcrédito é unha estratexia micro que axuda a millóns de persoas a saír da pobreza cada día e que presenta diferentes modalidades segundo os países, xa que se adapta ás necesidades das poboacións. As dúas curtas parten, ademais, da solidariedade feita dende Galicia a través da organización galega Implicadas no Desenvolvemento.

A Semente visibiliza os resultados da nosa cooperación dende Galicia. A Semente nútrese da voz e experiencia das persoas, das cores e sons dos países onde se desenvolve para darlles protagonismo a quen poucas veces o ten, lonxe de visións occidentalizadas e de recreacións artísticas dunha realidade dura pero tamén esperanzadora que non pode deixar a ninguén indiferente.

 .

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies