Aviso legal

ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS

Implicadas no Desenvolvemento pon a disposición das súas usuarias neste sitio un conxunto de informacións, arquivos e documentos así como varios servizos cuxo uso está suxeito ás condicións contidas neste documento. O feito de acceder a este sitio implica que vostede acepta todas e cada unha das condicións de utilización. Implicadas resérvase o dereito a modificar periodicamente estas condicións se así o estima conveniente. O uso que vostede faga deste sitio sempre estará suxeito ás máis recentes condicións de utilización que estean incluídas no propio sitio no momento da súa utilización. O uso de calquera material ou servizo contido neste sitio realizarase de acordo coas normas e condicións específicas de cada material ou servizo, ademais das normas contidas nestas condicións de utilización. O incumprimento de calquera das condicións de utilización implica o remate inmediato da súa autorización para utilizalo e a obriga de destruír calquera material que fose descargado ou impreso dende este sitio.

DEREITOS DE PROPIEDADE

Os materiais e servizos accesibles neste sitio están protexidos por copyright, dereitos de autor e propiedade e/ou polas normas legais que garanten a propiedade intelectual, de xeito que calquera uso non autorizado destes materiais ou servizos pode supoñer unha violación destas leis. Agás polo aquí indicado expresamente, nin Implicadas nin os seus provedores garanten de xeito explícito ou implícito ningún dereito sobre calquera patente, copyrights, dereitos de marcas ou información de negocios confidencial con respecto aos materiais ou servizos.

USO DA INFORMACIÓN DO SITIO

Agás que se indique outra cousa nun lugar distinto deste sitio, está permitido ver, descargar e imprimir os documentos e a información dispoñible sempre que se realice de acordo coas seguintes condicións:

Non está permitido eliminar o copyright nin ningún outro aviso sobre a propiedade que estea contido nos documentos e información. Implicadas resérvase o dereito a revogar en calquera momento a autorización para ver, descargar e imprimir os documentos e a información dispoñible neste sitio, e o uso destes obxectos deixará de ser accesible inmediatamente.

Os dereitos especificados anteriormente de visualización, impresión e descarga dos documentos e información dispoñible neste sitio non son aplicables á súa maqueta nin deseño. Todos os elementos deste sitio están protexidos polas leis relativas ao dereito de propiedade e non poden ser copiados nin plaxiados nin en parte nin na súa totalidade.

GARANTÍAS E LIMITACIÓNS

Agás o que expresamente sinale un acordo escrito entre vostede e Implicadas, ou o que non sexa aplicable por lei, todos os materiais e servizos deste sitio son facilitados “tal cal”, sen garantía de ningún tipo, nin explícita nin implícita, incluídas, pero sen limitarse a elas, as garantías implícitas de comerciabilidade, adecuación a fins particulares ou non incumprimento.

De xeito ilimitado, Implicadas non se fai responsable nin facilita garantía ningunha sobre: (i) que os servizos e produtos satisfagan as súas necesidades; (ii) que os servizos e materiais estean dispoñibles sen interrupción, sexan oportunos, seguros, ou estean libres de erros; (iii) que os resultados que poida obter do seu uso sexan eficaces, exactos e precisos; (iv) que a calidade de todos os produtos e servizos obtidos neste sitio sexa a que vostede agarda.

Este sitio pode conter erros técnicos ou doutro tipo, inexactitudes ou erros tipográficos. Implicadas poderá realizar en calquera momento e sen previo aviso cambios nos materiais ou servizos deste sitio, incluídos os prezos e a descrición dos produtos aquí contidos. Os materiais e servizos deste sitio poden non estar ao día sen que Implicadas asuma a obriga de mantelos actualizados.

En caso ningún nin Implicadas nin os seus provedores serán responsables diante de vostede ou terceiras partes por calquera deterioro de calquera tipo, directo ou indirecto, especial, incidental, ou consecuente, incluídos, pero sen limitarse a eles, os danos resultantes da perda de datos ou beneficios, independentemente de que Implicadas avisara ou non destes riscos na utilización dos produtos ou servizos deste sitio, nin nos doutras organizacións que aquí se mencionen.

A descarga de calquera material deste sitio realízase baixo a propia responsabilidade da usuaria, de xeito que vostede acepta ser a única responsable dos danos ou da perda de datos que poidan producirse no seu sistema informático como resultado da descarga ou adquisición destes materiais.

Este sitio contén enlaces con sitios en Internet doutras organizacións que non se atopan baixo o control de Implicadas. Por isto, se vostede decide visitar estes sitios faino pola súa conta e risco, sen que Implicadas asuma responsabilidade ningunha pola seguridade ou exactitude de ningunha información, datos, opinións, consellos ou manifestacións destes sitios, nin da calidade dos produtos ou servizos que alí se ofrezan. Implicadas inclúe os enlaces con estes sitios como un servizo práctico, pero isto non implica de xeito ningún que Implicadas garanta ou acepte responsabilidade algunha en relación co seu contido.

LEIS E DISPOSICIÓNS APLICABLES

Vostede e Implicadas acordan que todos os asuntos relacionados co seu acceso e uso deste sitio sexan regulados pola lexislación de España con exclusión de calquera outra normativa nacional ou internacional. Todos os litixios relativos ás Condicións de utilización serán xulgadas polos tribunais competentes de Madrid, España. Implicadas resérvase o dereito de exercer as accións legais que estime oportunas. Implicadas non é responsable de se os contidos do seu sitio www.implicadas.com son apropiados ou están dispoñibles para o seu uso noutros lugares, nin que se poida acceder a eles en lugares onde eses contidos sexan ilegais ou estean prohibidos. Aquelas que accedan a este sitio dende eses lugares fano por propia iniciativa e só a elas incumbe o respecto das leis locais.

DEREITOS DE MARCA

As marcas e logotipos que aparecen neste sitio son propiedade de Implicadas no Desenvolvemento. Está prohibida a utilización destas marcas sen previa autorización escrita de Implicadas ou das terceiras partes propietarias das marcas.

Copyright ©2014 Implicadas no Desenvolvemento

 .

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies