Campamento de verán en Tiruchy Posted Junio 27, 2017 by Implicadas

0

Durante os días 25 a 17 de maio organizouse un campamento de verán para as nenas e nenos que asisten a clases de apoio na escola Periyar Memorial Girls Hr. Sec de Tiruchirapally. Asistiron un total de 87 nenas e nenos. O primeiro día houbo unha inauguración a cargo do Sr. Gunasekaran, director do departamento de cultura e artes. Recibiron os premios ás mellores notas de secundaria 20 alumnas e alumnos dos suburbios.

A partir da inauguración, as e os participantes puideron asistir a diferentes obradoiros como ioga, karate, debuxo, manualidades con papel, artesanía, bordado. Para rematar o campamento, o último día tamén se organizou unha xornada de saúde dental grazas á doutora Revathy do First Impression Point Hospital, quen, ademais de atender as nenas e nenos de xeito voluntario, repartiu cepillos e pasta de dentes ás e aos participantes.

 

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies