Andaina “Dá o paso” polo monte Pindo

Oct

22

Time: 11:00
Location: Monte Pindo (saída de Fieiro)

Organizamos a quinta edición de Dá o paso: V andaina solidaria con Implicadas No Desenvolvemento, que nesta ocasión terá lugar polo Monte Pindo o vindeiro domingo 22 de outubro, cun prezo de 12 euros por participante que serán destinados aos proxectos que a organización ten na India.

O grupo sairá ás 11:00 horas no Fieiro (área recreativa), preto de Dumbría. As inscricións poden realizarse a través desta ligazón, e aquí podedes ler o regulamento completo da actividade.  Se queredes máis información, podedes escribir a secretaria@implicadas.com e permanecer pendentes do noso Twitter e do Facebook de Implicadas, así como da páxina do evento, onde iremos publicando as novas referentes a esta actividade.

Anotádevos antes do xoves 19 de outubro!

Cartel V Andaina solidaria "Dá o paso" polo monte Pindo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies