Implícate 2016

Ene

10

Time: 20:30
Location: No location set

O Implícate 2016, festival de música e palabra solidaria, celebrarase no Teatro Principal de Santiago de Compostela o día 10 de xaneiro ás 20.30 horas. Xa podedes mercar a vosa entrada aquí, e tamén hai aberta unha Fila 0.

Para IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO a sensibilización e o compromiso da sociedade galega son o único garante da erradicación da pobreza. Por iso hai xa 11 anos consideramos que cumpría abrir o noso traballo feito desde Galicia cara ao mundo a través dunha NOITE SOLIDARIA que se afastase claramente das «galas benéficas» do Nadal, centradas en recadar fondos moitas veces con dubidosos métodos e se centrase en difundir o traballo da cooperación que a nosa organización fai desde Galicia e en sensibilizar e implicar á cidadanía. A nosa intención é a de converter a capital de Galicia no marco dunha noite que dea cabida a artistas galegas/os do máximo nivel nas máis diversas disciplinas, aberta a todo tipo de público da cidade.

Once anos despois do primeiro IMPLÍCATE constatamos que sobre as táboas do Teatro Principal pasaron as mellores representantes da nosa cultura e que cada ano descubrimos tesouros tanto de talento como de compromiso que levan a que se poidan xestar proxectos máis complexos da nosa organización, dende o intercambio con bailarinas e bailaríns de Etiopía e Támil Nadu, a publicación de autoras támiles en lingua galega, pasando por intercambios teatrais. O IMPLÍCATE consolidouse xa como un evento artístico e solidario de primeira orde en Galicia.

Implícate 2016, festival de música e palabra solidaria.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies