Obradoiro con Rubén Ruibal (III): Escribir para os ollos alleos

Nov

12

Time: 10:30 a 12:30
Location: Ágora (A Coruña)

SUMA TALENTO

O talento é a capacidade que temos cada quen de facer cousas extraordinarias. En IMPLICADAS entendemos o talento tamén como unha ferramenta para chegar á sociedade, para dar a coñecer o noso traballo, para transformar e crear un mundo diferente. Por iso lanzamos esta iniciativa “SUMA TALENTO” na que convocamos a persoas sobranceiras das súas áreas de coñecemento, creatividade ou traballo (como Mercedes Peón ou Rubén Ruibal) e colaboradoras incansables de IMPLICADAS para que nos axuden a chegar más lonxe. Para que nos axuden a chegar a ti.

SUMA TALENTO

Escribir para os ollos alleos
con Rubén Ruibal

Descrición do curso

Este curso ofrece unha aproximación á escrita para as artes escéncias e audiovisuais. O curso analizará cunha visión crítica de xénero as técnicas de escrita co fin de que todas as e os participantes cheguen ao seu propio texto ao final das catro sesións que o integran. A formación está dividida en catro sesións tamén para dar tempo a escribir, pensar e interactuar de forma virtual co resto de participantes. Inclúe unha parte de reflexión teórica e un espazo amplo para escribir co apoio de Rubén Ruibal.

Inscricións e prezo: Queres participar nesta actividade? Inscríbete aquí. O prezo son 70 euros.

Horarios e sesións

As sesións terán lugar na Coruña (nun espazo por confirmar) os seguintes sábados, sempre en sesión de 10:30 a 13:30:

*15 de outubro

Introdución e análise de motivacións para a escrita.

Análise do caderno de bitácora dramatúrxico.

Test Bechdel e fantasmas de xénero.

Propostas de lectura, música e outros materiais de traballo para a seguinte sesión.

*22 de outubro

Escrita de textos a partir de diferentes estímulos.

Repaso de lecturas e revisión das primeiras ideas.

*12 de novembro

Continuación dos traballos de escrita.

*26 de novembro

Revisión e finalización dos traballos.

O noso talento

Rubén Ruibal é Premio Nacional de Literatura Dramática 2007.Traballou como actor, axudante de dirección e director nas compañías Teatro de Aquí, Teatro Cachuzo e Centro Dramático Galego entre os anos 1994 e 2004. Formouse no mundo do teatro durante os dez anos que colaborou con Roberto Vidal Bolaño na compañía Teatro do Aquí. No ano 2000 creou, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que levou á escena os seus textos teatrais Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003). Patatín & Patatán Superproductions representou as súas obras Trafic, arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005). Logo do peche da compañía Teatro do Aquí, tras a morte de Roberto Vidal Bolaño, dedicouse a escribir, logrando o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2005 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) (Xerais, IGAEM, 2006, Premio Nacional de Literatura Dramática, 2007). Con Peter Buckley, un firme traballador da derrota, escrito xunto con César Candelas, recibiu o Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega no ano 2009. Os seus textos máis recentes: Estigma (escrito xunto con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo), Delimvois (Xerais 2009), ¿Onde andas, Karl? e Cambios de destino foron estreados polo Centro Dramático Galego, a Oficina de Guimaraes, a Escola de Teatro de Narón e Teatro en Punto. Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies