Cooperación

7052146207_f522615cf6_o

Dende 1998 traballamos no eido da cooperación a prol da erradicación da pobreza nas comunidades máis afectadas por ela, e máis en concreto no grupo das mulleres.

Os nosos programas de cooperación están baseados na sustentabilidade e na autoxestión das comunidades, para non crear dependencias, para garantir a súa perdurabilidade e, sobre todo, para dar unha resposta axeitada ás necesidades que expresen as comunidades do Sur. Pero sobre todo, os nosos proxectos baséanse no enfoque de xénero, o cal implica unha política activa de superación da discriminación das mulleres e de facer oír a voz da metade da humanidade que, por razóns de xénero, seguimos constituíndo a maioría das persoas pobres do mundo.

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies