Programas activos

empoderamentoO programa de Empoderamento das Mulleres en Tiruchy II é unha iniciativa promovida por Implicadas e a ONG támil People’s Development Initiatives (PDI) que dá continuidade ao anterior programa do mesmo nome levado a cabo dende agosto de 2008 ata decembro de 2013.

O empoderamento das mulleres é o tema central do programa e como tal concentra o maior número de actividades. Estas actividades buscan tocar todos os aspectos que levan á discriminación das mulleres e á creación dunha orde social na que non poden exercer os seus dereitos. O programa opta pola aplicación da metodoloxía dos grupos de axuda mutua (GAM) como elemento central grazas ao cal se poden traballar aspectos económicos, sociais, políticos e de xénero. Os grupos de axuda mutua son asociacións de mulleres, entre 12 e 20, que se reúnen de forma mensual para tratar problemas comúns e para aforrar dos seus propios cartos. Este fondo vaise rotando en créditos que as mulleres mesmas deciden a quen dar, con que interese con que prazos de devolución. É unha forma endóxena de que as mulleres teñan acceso ao capital para negocios ou necesidades correntes do día a día. Igualmente, cumpre unha importante función en canto ao empoderamento das mulleres, dado que proporciona unha plataforma común dende a cal solucionar problemas tanto persoais como sociais das súas integrantes ou da comunidade en xeral. Os grupos son unha fonte de apoio mutuo para as mulleres e melloran a súa autoestima e capacidades de acción política.

salemO programa de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem é unha iniciativa promovida por Implicadas e a ONG támil People’s Development Initiatives (PDI) en colaboración con numerosos actores locais (goberno, feministas, activistas) dende para tentar poñer fin ao infanticidio. É esta unha forma de violencia extrema contra as mulleres pola cal unha comunidade admite que se asasinen as nenas acabadas de nacer pola baixa consideración social das mulleres. Esta práctica leva a que a pirámide de sexos estea invertida para o distrito de Salem (hai máis homes que mulleres, o cal contradí a tendencia natural) e que de cada 1000 nacidos falten 200 nenas. O noso programa traballa en catro bloques do distrito de Salem, cunha poboación de máis de 200.000 persoas, e incide en aspectos paliativos como o seguimento de mulleres embarazadas pero o seu obxectivo último é contribuír a un cambio nos patróns de xénero que faga inadmisible toda forma de violencia contra as mulleres.

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies