Presentación «A violencia dun sorriso»

Dic

01

Time: 20:30 horas
Location: Linda Rama (A Coruña)

Seguro que moitos/as de vós lembrades a visita que a poeta e activista támil Thamizhachi Thangapandian fixo a Galicia o pasado ano. Comezamos en Oleiros as presentacións de «A violencia dun sorriso», unha antoloxía de poemas desta autora, publicada nunha edición bilingüe támil-galego na que tamén figuran poesías de autoras galegas. Faremos a presentación coa colaboración do grupo teatral A panadaría, que farán un recital inspirado nos poemas.
Nesta publicación da nosa web podedes ler a poesía que dá título a esta antoloxía e, por suposto, convidámosvos a asistir a algún dos eventos nos que se presentará a obra. Ademias do do vindeiro mércores día 9 (ás 20 horas, na biblioteca Rialeda en Oleiros), realizaranse presentacións na biblioteca municipal de Rianxo o venres 11 de novembro ás 20:30 horas, na Librería Lila de Lilith de Compostela o 30 de novembro ás 20:00 horas, e na Coruña, na Linda Rama, o día 1 de decembro ás 20:30 horas.

A violencia dun sorriso na Coruña | Implicadas no Desenvolvemento

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies