Bate no corazón con Implicadas, en Oleiros!

Feb

14

Time: 11:30
Location: No location set

bate_no_corazon_boletin

BATE NO CORAZÓN con Implicadas! Trátase da I masterclass solidaria de Zumba® e Body Combat que se celebrará en Oleiros o domingo 14 de febreiro.

ONDE: Pavillón Municipal de Bastiagueiro (IES María Casares) Oleiros.
CANDO: domingo 14 de febreiro.
HORARIO DA ACTIVIDADE: De 11:30 a 13:30h.
INSCRICIÓNS: o mesmo día no pavillón a partir das 10:45h.
PREZO: 15 ou máis anos: 5 euros. Menos de 15 anos: donativo libre.

Ao remate da actividade haberá un SORTEO para as persoas participantes dun lote de merchandising de Implicadas e un bono dunha masaxe aiurvédica de Piero Piga.
O recadado nesta actividade irá íntegramente para financiar os programas de cooperación que Implicadas ten en Támil Nadu (India). «Erradicación do infanticidio femininino» en Salem e «Empoderamento de mulleres II» en Tiruchy

Organiza: Implicadas no Desenvolvemento
Colaboran:
– Concello de Oleiros. Deportes Oleiros.
DJ Dani
Masaxe aiurvédico Piero Piga
Jose L. Yagüe Fit Pro
– “THE GALICIAN WARRIORS – Instructores/as oficiais de Les Mills Galicia”
– Zumba Fitness®
Las Delicias de Teresa

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies