Bate no corazón II, en Oleiros

Mar

12

Time: 11:30 a 13:30
Location: Santa Cruz (Oleiros)

Sabémolo, o San Valentín xa pasou! Mais é posible que aínda teñas resaca de cores rosa, de formas de corazón, de ideas amorosas afianzadas en facernos crer que a parella heterosexual é o fin das nosas vidas.

Non teñas conta! En IMPLICADAS estamos dispostas un ano máis a entrar en proceso de desintoxicación! O noso son outros amores, aqueles que se basean na xustiza, e outros usos para o corazón, aqueles que transforman o mundo cada día.

Queres curar a resaca do San Valentín dun xeito diferente? Pois velaquí a nosa convocatoria, un mes máis tarde, de celebración rebelde. Un ano máis, aquí non nos interesa o teu estado civil, a túa orientación sexual, se ves soa ou acompañada, en parella, trío ou poliamorío. O noso obxectivo: que uses o corazón para bater na conciencia. Que o noso amor eterno sexa o compromiso coa xustiza. Que a nosa felicidade parta de querer un mundo onde todas, no Norte e no Sur, teñamos espazos para ser libres e decidir sobre as nosas vidas.

Case un mes despois do San Valentín, bate no teu corazón con Implicadas!

Bate no corazón II | Implicadas no Desenvolvemento

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies