Dá o paso: II andaina solidaria polo val do río Mandeo

Oct

19

Time: 09:20
Location: Betanzos

Implicadas/os No Desenvolvemento pon en marcha a segunda edición da andaina solidaria DÁ O PASO, que terá lugar, finalmente, o vindeiro domingo 19 de outubro. Nesta ocasión, o percorrido realizarase pola fermosa ribeira do río Mandeo (Betanzos) nunha ruta circular de 9 quilómetros. O importe da actividade será de 12 euros por participante, que Implicadas destinará aos programas de cooperación que desenvolve na India e nos que se traballa pola erradicación do infanticidio feminino en Salem, e polo empoderamento das mulleres en Tiruchy.

99

Os obxectivos que se pretenden conseguir a través desta actividade son, ademais de recadar fondos para os programas, dar a coñecer a organización á cidadanía galega, e transmitir a labor que realiza dende fai xa 16 anos. Con esta acticidade tamén descubriremos e sentiremos paisaxes naturais, concretamente no entorno de Betanzos, e viveciaremos a solidariedade e o encontro coa natureza e coas persoas participantes.

Para anotarse hai que enviar por correo electrónico ao enderezo secretaria@implicadas.com os datos persoais (nome e apelidos, DNI, correo electrónico, teléfono de contacto e enderezo postal), así como o xustificante de ter ingresado o importe da actividade na conta bancaria de Implicadas/os No Desenvolvemento: ABANCA ES86 2080 0531 1130 4001 0798. Os/as participantes terán que indicar, ademais, no correo electrónico si empregarán o servizo de autobús que sairá, sen custe adicional, dende A Coruña, Santa Cristina (Oleiros) ou Betanzos. 

O día da actividade, aqueles/as que participen terán que levar calzado adecuado para camiñar 9 quilómetros pola montaña, roupa cómoda e pantalón longo. A comida non está incluída, polo que poden levala eles/as mesmos/as, ou ben de encargala no Mesón La Paz, que colabora coa organización cedendo un espazo para comer. Para a organización da II andaina solidaria «Dá o paso», a ONGD conta tamén coa colaboración de Rutas Cucana, Autocares J.Pombo, a Escola Asturias de Salvamento e Masaje Ayurvédico Piero Piga. 

Data: 19 de outubro 
Hora: Saída da parada de San Pedro de Mezonzo (A Coruña) ás 09:20
De Santa Cristina (Oleiros) ás 09:30
De Betanzos ás 09:45. 
Prazas: 75 (servizo de autobús para 55 persoas). 
Inscricións en: secretaria@implicadas.com. 
Para máis información podedes consultar o regulamento ou poñervos en contacto con nós por correo electrónico. 

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies