Encontro en colaboración co Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo

Abr

08

Time: 19:00
Location: No location set

O encontro terá lugar o 8 de abril, ás 19 horas, na Biblioteca Pública Central de Vigo, e contará coa presenza de María Reimóndez e de T. Sumathy, coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian. Thamizhachi, ademais de ser unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres.

Esta autora e activista ten colaborado con Implicadas nos programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, e a súa visita a Galicia é unha das actividades que realizamos dende a ONGD no marco do proxecto REACTIV_ARTE.

Thamizhachi: encontro en colaboración co Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies