Exhibición de danza na Coruña, con Aniruddhan Vasudevan

Jun

07

Time: 20:00
Location: No location set

Ás 20:00 horas, no Centro Ágora da Coruña, terá lugar unha exhibición de danza na que participará o bailarín Aniruddhan Vasudevan, que visita Galicia da man de Implicadas no Desenvolvemento. Tamén participará no espectáculo o alumnado do curso de danza Bharatanatyam, que imparte Aniruddhan estes días nas instalacións do Centro Coreográfico Galego, na Coruña.

As entradas terán un prezo de 5,00€ e 4,00€ (desempregados, carné xove e + 65), e pódense adquirir nos seguintes puntos de venda:
– Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
– Despacho de billetes do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta)
– Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h.
– www.ataquilla.com
(pago con tarxeta)
– Despacho de billetes do Ágora: o mesmo día, desde unha hora antes (pago en efectivo)
– Teletaquilla: Ataquilla.com

A chegada de Aniruddhan, bailarín, escritor e tradutor de Chennai (India) a Galicia forma parte das actividades que realizamos dende Implicadas no marco do proxecto REACTIV_ARTE. Aniruddhan, que actualmente realiza un doutorado en Antropoloxía na Universidade de Texas, Austin (EE.UU.), destaca como intérprete de Bharatanatyam, un tipo de danza clásica propia do sur da India. Ten amosado o seu talento en actuacións, aulas e obradoiros, así como a través de colaboracións con outros/as artistas ou ben compoñendo novas pezas. O traballo interpretativo de Aniruddhan adoita identificarse co “Brihannala”, un rol tirado da épica hindú que combina movemento, contacontos, recital e interpretación teatral, e que á vez abrangue unha reflexión sobre mitoloxía, xénero, travestismo e desexo a varios niveis.

Exhibición de danza no Centro Ágora da Coruña

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies