Exposición en Lugo: ‘Os meus ollos, as túas mans III’

Sep

03

Time: 20:00
Location: Lugo

helena kareninaO mércores 3 de setembro inaugúrase, ás 20:30 horas, a terceira edición da mostra OS MEUS OLLOS, AS TÚAS MANS III. O acto terá lugar no Mesón do Forno, en Lugo, onde permanecerá a exposición ata o vindeiro día 15 de setembro. A exposición é o resultado dunha xornada de convivencia entre o grupo de voluntariado de Lugo e as ilustradoras Helena Karenina, Pablo Rodríguez, Sara Seijas e Paula Tomé, que tivo lugar o pasado 22 de xuño na Casa da Música de Lugo.

O obxectivo desta actividade era poñer en común unha reflexión sobre as desigualdades sociais, ademais de transmitir, por unha banda,  o traballo que se realiza dende o voluntariado da organización e, por outra, os proxectos que se levan a cabo na India.

Coa terceira edición de “Os meus ollos, as túas mans”, dende Implicadas no Desenvolvemento pretendemos chegar á cidadanía a través destas obras artísticas, que se atopan á venda xunto con obras doutras edicións, por un prezo de 50 euros. Os cartos recadados pola venda destas obras serán destinados conseguir fondos para os proxectos en curso na India.

O acto de inauguración contará coa presenza de voluntarias de Implicadas e das ilustradoras que participaron na actividade. Contarase, ademais, coa música en directo das violonchelisas Yaiza Seijo e Paula López.

A exposición está formada por varias obras artísticas que podedes ver nesta ligazón (na imaxe mostramos unha das obras, da artista Helena Karenina). A exposición percorrerá a xeografía galega nos vindeiros meses.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies