Exposición en Vigo: «A miña luzada iluminaranos a todas»

Sep

29

Time: 10:00
Location: No location set

“A miña luzada iluminaranos a todas”, unha das mostras que forma parte do catálogo de exposicións de Implicadas no Desenvolvemento, permanecerá dende o vindeiro luns 29 de setembro ata o 18 de outubro na Casa das Mulleres, en Vigo. Esta exposición é froito dun concurso fotográfico, “Das crises ás alianzas” celebrado en abril e maio de 2013 para mulleres de Galicia e Támil Nadu (estado do sur da India onde Implicadas desenvolve os proxectos).

Fruit seller. Autora: Amala infantta V.

Fruit seller. Autora: Amala infantta V.

O obxecto deste concurso, que á súa vez podemos ver plasmado nas fotografías, foi reflectir o xeito no que as crises afectan ás mulleres e como se superan tendo en conta a marxinación e desigualdade á que nos seguimos vendo sumidas, tanto no Norte coma no Sur. Concibimos esta exposición como unha ferramenta para sensibilizar a toda a sociedade, tanto galega como támil sobre as saídas que atopamos as mulleres fronte as diferentes crises que atopamos nas nosas vidas, froito da opresión patriarcal.

Na mostra recóllense 10 das obras máis representativas cuxas autoras son Uxía Caride Blanco, Tania Merelas Iglesias, Cristina González López, Juana Luisa Prieto Luna, Gema Zunzunegui Lama, Sila Cela Ferreiro, Laura A. Seijas Real, Sarah Shanthini e Amala Infantta. Nsta ligazón pódese visitar a galería fotográfica (Flickr) desta exposición
(http://www.flickr.com//photos/implicadas/sets/72157634753949312/show/with/934618208
8/)

Exposición “A miña luzada iluminaranos a todas”
Lugar: Casa das Mulleres, Vigo (Rúa Romil, 20)
Data: do 29 de setembro ao 18 de outubro

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies