III Carreira solidaria ‘Corre con Implicadas’

Abr

12

Time: 16:00
Location: Oleiros

Implicadas No Desenvolvemento organiza, por terceiro ano consecutivo, o sábado 12 de abril de 2014 ás 16:30h. a III CARREIRA SOLIDARIA en Oleiros coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros e da Universidade da Coruña a través do Inef Galicia.

94

RESUMO DO REGULAMENTO
Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr pero si participar nesta III edición de Corre con Implicadas.
LUGAR, HORA DE SAÍDA E PROBA 
Todas as categorías sairán do aparcamento da praia de Bastiagueiro, preto da Casa Da Silva (Rúa Mioporos. Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas.
HORARIO CATEGORÍA PROBA
16.30h JUNIOR, PROMESA, SÉNIOR E VETERÁNS FEMININO/MASCULINO 5.200 m aprox
16.35h ANDAINA 4.000 m aprox
17.15h INFANTIL, CADETE e XUVENIL FEMININO/MASCULINO 2.600 m aprox
17.40h BENXAMÍN e ALEVÍN FEMININO/MASCULINO 1.000 m aprox
18.00h PREBENXAMÍN e PITUFOS/AS 150 m aprox
INSCRICIÓNS:
As inscricións de todas as categorías faranse a través da páxina web: www.carreirasgalegas.com con prazo ata o mércores 09 de abril ás 22:00 horas. As categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns, tanto masculinas como femininas, requerirán chip para o seu control (sempre e cando a participación sexa masiva).
Dada que é unha carreira solidaria en beneficio de Implicadas No Desenvolvemento o prezo das inscricións será o seguinte:
-Donativo de 5 euros nas categorías xuvenil, junior, promesa, senior e veterán masculina e feminina.
-Donativo de 3 euros para as restantes categorías.
-Donativo de 5 euros para a andaina.
-DORSAL 0: donativo de 1 euro, 3 euros, 5 euros ou 10 euros por querer colaborar con Implicadas e non poder participar na carreira.
Calquer dúbida ou problema poden enviar un e-mail a secretaria@implicadas.com
IMPORTANTE: a data límite para inscribirse e poder participar na carreira solidaria será o mércores 09 de abril ás 22:00 horas non admintíndose baixo ningún concepto ningunha outra inscrición posterior a dita data e hora, nin por suposto o mesmo día da competición.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
O mesmo día da proba, é dicir, o 12 de abril nas carpas habilitadas para tal efecto no lugar de saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. Tamén poderán recollerse o xoves 10 nas instalacións do INEF. De 10:00 a 12:00h ao lado de conserxería, e de 15:00 a 21:00h. na biblioteca do INEF.
As instalacións do INEF tamén estarán abertas e á disposición das persoas participantes o día da carreira para facer uso das duchas.
CONTROL DE CHEGADA:
Todas as probas serán controladas polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
PREMIOS:
Ao finalizaren as probas farase a entrega dos premios segundo a orden temporal na que se foron executando as mesmas.
•Toda persoa participante que chegue e pase a meta terá un agasallo de Implicadas.
•MEDALLAS: ás tres persoas mellores clasificadas de cada categoría (excepto para a andaina).
•LOTES SORPRESAS: sorteo de lotes sorpresas (un bono dunha masaxe aiurvédica donado por Piero Piga, unha noite nunha casa rural (Boa Rial) para dúas persoas, unha sesión de relaxación no centro MEDRA e lotes de merchadising de Implicadas) facendo coincidir co número de dorsal que teña cada quen.
DESTINO DA RECADACIÓN
A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: “ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO” en Salem e “EMPODERAMENTO DAS MULLERES” en Tiruchy.

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies