Implícate! 2015

Ene

11

Time: 20:30
Location: No location set

Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a cita anual de Implicadas coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita odomingo 11 de xaneiro, ás oito e media da tarde, para participar na X edición do ‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’, organizado por Implicadas no Desenvolvemento e presentado por Yolanda Castaño e Isabel Blanco.

Ao longo da noite do Implícate!, o público pode gozar das actuacións das artistas galegas e coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, o tipo de programas de cooperación ao desenvolvemento que está a levar a cabo no Sur e as accións de activismo que realiza en Galicia.

No 2015 o cartel do Implícate!  está formado por:

MÚSICA
> Mercedes Peón
> Uxía
> Abe Rábade

DANZA
> Nova Galega de Danza

LITERATURA
> Antón Reixa
> María Lado e Lucía Aldao
> Fran Alonso
> Marilar Aleixandre

TEATRO
> Celso Parada
> Isabel Risco

As entradas xa están dispoñibles na taquilla online de Abanca. Tamén se poden mercar na taquilla do Teatro Principal o propio día do evento.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies