IV andaina solidaria: Mindfulness e Natureza

Oct

22

Time: 12:30
Location: Ribeira Sacra

A finde do sábado 22 e o domingo 23 de outubro é a data elexida! Dá o paso, a IV andaina solidaria Implicadas No Desenvolvemento lévanos nesta ocasión á Ribeira Sacra, onde vos propoñemos unha serie de actividades moi apetecibles.

Sábado 22: MINDFULNESS E NATUREZA polo entorno de Parada de Sil durante o día.
Hora: ás 12:30h.
Lugar de encontro: Albergue A Fábrica da Luz (Parada de Sil, Ourense).
Como chegar? Toda a información detallada na web do albergue A Fábrica da Luz.
Dispoñemos dun vehículo de 8 prazas. Se queredes utilizar este servizo a saída será dende Betanzos ás 10:00 horas, coa opción de regresar o domingo despois de rematar a andaina ata Betanzos (se estades interesadas/os en empregar este servizo, teredes que notificalo no email que enviedes para incribirvos na actividade. As prazas outórganse por orde de inscrición).

Pola noite, despois da cea, xogaremos ao Trivial de SUMA con Implicadas.

Domingo 23: IV ANDAINA SOLIDARIA IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO POLA RIBEIRA SACRA.

Hora: 11:00h

Lugar de encontro: Albergue A Fábrica da Luz (Parada de Sil, Ourense).

Como chegar? Toda a información detallada na web do albergue A Fábrica da Luz.

Inscricións:
Faranse a través desta ligazón. O prazo máximo para anotarse é o xoves 20 de outubro e as prazas son limitadas a 75 en total. No albergue A Fábrica da Luz temos dispoñibles 18 prazas para a xente que decida quedarse a durmir, que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición.

PREZOS

– Só a actividade de Mindfulness do día 22: 12 euros.

– Só a andaina do día 23: 12 euros.

– Pernocta + cea + almorzo + actividade de Mindfulness: 38 euros.

– Pernocta + cea + almorzo + andaina: 38 euros.

– Pernocta + cea + almorzo + andaina + comida día 23 (bocadillo, auga e froita): 43 euros.

– Fin de semana completo con Implicadas: 50 euros.

Pago: Farase a través de calquera destas dúas contas bancarias de Implicadas/os No Desenvolvemento:
ABANCA ES86 2080 0531 1130 4001 0798
TRIODOS: ES48 1491 0001 2921 3891 4227

Mentres non se faga o pago a inscrición non está feita, e é obrigatorio enviar a xustificación de pago a secretaria@implicadas.com

Todas as persoas participantes recibirán de Implicadas unha bolsa da organización cun pequeno agasallo. Ademais, cada participante terá un número (corresponderase segundo a súa orde de inscrición) e ao final da ruta o día 23 celebrarase un sorteo dun bono dunha masaxe aiurvédica, e dun lote de merchandising de Implicadas No Desenvolvemento.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies