IV Escola Feminista en Vigo

Nov

14

Time: 10:00
Location: No location set

A IV edición da Escola Feminista afondará na Comunicación Feminista e a Cooperación ao Desenvolvemento. Ata o 13 de novembro ás 14:00 horas está aberto o prazo de inscrición desta actividade, que organizamos coa colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. A xornada centrarase na importancia e responsabilidade que os medios de comunicación e culturais teñen na construción do imaxinario colectivo que perpetua unha imaxe distorsionada, homoxénea e victimizada das mulleres do Sur pero tamén das do Norte, e para elo contaremos con destacadas profesionais do mundo dos medios de comunicación e da cooperación ao desenvolvemento. Como pode que xa saibades, a Escola Feminista é concibida como un espazo de formación, debate e xeración dunha conciencia crítica aplicable ao traballo no eido da cooperación, o activismo feminista ou o día a día.

Nesta ligazón podedes descargar o formulario de inscrición.

PROGRAMA
10:00-10:15 Chegada e inscrición das/os participantes
10:15-10:30 Inauguración a cargo de Implicadas no Desenvolvemento
10.30-12.00 Conferencia Nazanín Armanian: “Mulleres nas guerras de oriente próximo”
Pausa café 12:00-12.30
12.30-14.00 Obradoiro de comunicación feminista en cooperación ao desenvolvemento a cargo de María Reimóndez.
Pausa xantar 14:00- 16:00
16:00 -17:30 Conferencia de June Fernández: “Pikara Magazine: Periodismo de-xenerado”
17.30-18.00 Conclusións e clausura

Organiza:

marca-implicadas

 

 

 

Patrocina:

Unidade de Igualdade - UVigo

 

 

 

 

 

 

 .

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies