Lanzamento da nova imaxe corporativa de Implicadas

Oct

18

Time: 12:00
Location: No location set

Implicadas no Desenvolvemento dará a coñecer a súa nova imaxe corporativa e páxina web o sábado 18 de outubro en Compostela nun acto de rúa no que actuará o Coro da Rá. Lucía L. Bayo, presidenta, e María Reimóndez, fundadora e vicepresidenta, presentarán en rolda de prensa na Galería Sargadelos de Santiago as mudanzas na identidade visual de Implicadas. Despois de 16 anos de existencia, este cambio responde á vontade de maior visibilidade e de adaptación da ONG aos novos tempos comunicativos.

marca-implicadas

Unha vez concluída a rolda de prensa, Implicadas instalará na praza do Toural unha mesa informativa e un roll-up coa súa nova imaxe. O Coro da Rá fará unha actuación musical e performance para atraer á cidadanía, dar a coñecer o novo logotipo e animar á xente a visitar a nova páxina web de Implicadas, repleta de información e recursos sobre o mundo da cooperación ao desenvolvemento.

O Coro da Rá é unha agrupación vocal a cappella que utiliza o teatro e a performance para cantar en calquera situación e localización. O repertorio musical abrangue soul, blues, jazz, samba ou música étnica. O Coro da Rá colaborou noutras ocasións con Implicadas no Desenvolvemento, como no lanzamento da campaña Cambia de Papel ou no Festival Implícate! no ano 2012.

Lugar: Galería Sargadelos (Santiago de Compostela) / Praza do Toural

Data: Sábado, 18 de outubro

Hora: 12:00h. Rolda de Prensa / 12:30h. Acto de rúa coa actuación do Coro da Rá

logotipo-implicadas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies