Mesa redonda con Aniruddhan Vasudevan, en Vigo

Jun

09

Time: 20:00
Location: No location set

Ás 20:00 horas, en Vigo (lugar aínda por confirmar), terá lugar unha mesa redonda en colaboración con Nós Mesmas, que contará coa presenza Raquel Cordeiro como representante da asociación, e de Toni Alonso, de Amnistía Internacional, que actuará como moderador. Tamén participará o activista Aniruddhan Vasudevan, que visita Galicia da man de Implicadas no Desenvolvemento.
A chegada de Aniruddhan, bailarín, escritor e tradutor de Chennai (India) a Galicia forma parte das actividades que realizamos dende Implicadas no marco do proxecto REACTIV_ARTE. Aniruddhan, que actualmente realiza un doutorado en Antropoloxía na Universidade de Texas, Austin (EE.UU.), destaca como intérprete de Bharatanatyam, un tipo de danza clásica propia do sur da India. Ten amosado o seu talento en actuacións, aulas e obradoiros, así como a través de colaboracións con outros/as artistas ou ben compoñendo novas pezas. O traballo interpretativo de Aniruddhan adoita identificarse co “Brihannala”, un rol tirado da épica hindú que combina movemento, contacontos, recital e interpretación teatral, e que á vez abrangue unha reflexión sobre mitoloxía, xénero, travestismo e desexo a varios niveis.

visita_Ani_mesaredonda.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies