«A miña luzada» en Pontevedra

Mar

27

Time: ata o 31/04 de 9:00 a 21:00
Location: Casa das Campás, Pontevedra

A exposición estará aberta do 27 ao 31 de marzo pechando este mes da muller.
O horario no que se pode visitar a expo é de 9 a 21 na casa das campás de Pontevedra. (Rúa Don Filiberto, 9).
Recóllense nesta exposición, as obras máis representativas das presentadas ó concurso fotográfico “Das crises ás alianzas”, que se levou a cabo en abril e maio do ano 2013 para mulleres de Galicia e Tamil Nadu (estado do sur da India onde Implicadas desenvolve os proxectos).
O obxectivo de dito concurso foi promover unha canle de expresión para reflectir como afectan as crises de calquera tipo na vida das mulleres, tanto no Norte coma no Sur, e/ou as alianzas e prácticas que se adoptan para superar estas situacións, tendo en conta que a desigualdade e marxinación á que aínda nos vemos sumidas as mulleres a causa do patriarcado dáse en todas as culturas e sociedades, e nas súas interaccións, xerando iniquidades en todos os ámbitos, xa que a visión das mulleres, a nosa voz e particularidades seguen a non ser consideradas. Todas estas ideas e feitos están claramente plasmadas nas fotografías.
Dentro da propia filosofía de Implicadas, que loita pola pobreza e a desigualdade de xénero como piar básico para o desenvolvemento, concibimos esta exposición como unha ferramenta sensibilizadora para toda a sociedade, tanto galega como támil sobre as saídas que atopamos as mulleres fronte as diferentes crises que se nos presentan nas nosas vidas, froito da opresión patriarcal.
Tanto a propia exposición como o concurso englóbanse dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento “A crise como cambio”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies