Cambia de Papel, no MOME (A Estrada)

Dic

05

Time: 21:00
Location: No location set

O novo Grupo de Voluntariado Local de Implicadas no Desenvolvemento, o da Estrada, organiza a proxección do documental Cambia de Papel como actividade de presentación do grupo.

A actividade terá lugar no MOME, Museo do Moble e a Madeira, espazo cedido para o evento polo Concello da Estrada, o próximo venres 5 de decembro de 2014, a partir das 21.00 horas.
O documental Cambia de Papel foi co-dirixido, no ano 2013, por Luis Tosar, María Reimóndez e Kutty Revathi, esta última poeta e activista de Tamil Nadu, estado da India onde Implicadas desenvolve os seus proxectos.
Através do cinema 11 persoas, case todas mulleres relacionadas dalgunha maneira cos proxectos da ONG mostran en primeira persoa a capacidade do ser humano para transformar e transformarse.
Para falar sobre o documental e sobre o traballo de Implicadas na India e en Galiza contaremos coa presenza de María Reimóndez, fundadora da ONG e co-directora da cinta.
Contaremos tamén co actuación do grupo musical NAI, un proxecto comandado por Xosé Martíns, do que coñeceremos algúns temas en exclusiva.
Durante o acto haberá un posto de venda de produtos da ONG, así como a súa Axenda do Desenvolvemento para o ano 2015.

Lugar: MOME, A Estrada
Data: 5 de decembro de 2014
Hora: 21.00 horas
Tfno. de contacto: (Susana) 606274507.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies