VI Corre con Implicadas

Abr

30

Time: 11:30
Location: Bastiagueiro (Oleiros)

Implicadas No Desenvolvemento organiza, por sexto ano consecutivo, o domingo 30 de abril de 2017 ás 11:30h. a VI CARREIRA SOLIDARIA en Oleiros coa colaboración do Concello de Oleiros, da Universidade da Coruña a través do Inef Galicia, DJ Dani, Masaje Ayurvédico Piero Piga, Ambulancias Apóstol, Club Running Oleiros e Cronotec.
Nesta carreira poderán participar tanto persoas populares como atletas federadas/os de todas as idades. Tamén haberá unha andaina para aquela xente que non poida ou non lle guste correr pero si participar nesta VI edición de Corre con Implicadas.

LUGAR: Todas as categorías sairán do aparcamento de Inef (Bastiagueiro), punto que tamén será a meta para todas elas.

INSCRICIÓNS: Ata o mércores 26 de abril ás 20:00 horas, nesta ligazón. A recadación resultante de cada inscrición irá destinada a apoiar e dar continuidade aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas No Desenvolvemento ten na India: “ERRADICACIÓN DO INFANTICIDIO FEMININO” en Salem e “EMPODERAMENTO DE MULLERES II” en Tiruchy.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS: O mesmo día da proba, é dicir, o 30 de abril nas carpas habilitadas para tal efecto no lugar de saída ata 30 minutos antes do comezo de cada proba. Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para evitar colas de última hora. Tamén poderán recollerse o VENRES 28 de ABRIL na BIBLIOTECA do INEF de 15:30 a 21:00 e o SÁBADO 29 de ABRIL no HALL do INEF (ao lado de conserxería) de 10:30 a 13:00h.

SERVIZOS: As instalacións do INEF tamén estarán abertas e á disposición das persoas participantes o día da carreira para facer uso das duchas.

PREMIOS:
Toda persoa participante que chegue e pase a meta terá un pequeno agasallo de Implicadas, unha auga e unha froita.

MEDALLAS: ás tres persoas mellores clasificadas de cada categoría (excepto para a andaina).

MEDALLA DOCE: para participantes PITUFOS/AS E PREBENXAMÍNAS/PREBENXAMÍNS.

LOTES SORPRESAS: sorteo de lotes sorpresas (un bono dunha masaxe aiurvédica donado por Piero Piga, lotes de merchadising de Implicadas).

Preme aquí para ler o regulamento completo da actividade.

 

VI Carrreira solidaria | Implicadas no Desenvolvemento

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies