XII Implícate en Compostela

Ene

08

Time: 20:30 horas
Location: Teatro Principal (Santiago de Compostela)

Nacho Vegas, DeVacas, IGMIG, Rober Bodegas, Marián Bañobre, Eli Ríos, Gonzalo Hermo, O Leo e Margarita Ledo. Este é o cartel da XII edición do Implícate. Noite de música e palabra solidaria, que a ONGD galega Implicadas no Desenvolvemento celebra este domingo, 8 de xaneiro, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

O ‘Implícate’ presentouse esta mañá no Concello de Santiago da man dos seus presentadores, a poeta Yolanda Castaño e o recoñecido actor Monti Castiñeiras, que destacaron a implicación de artistas do mundo da danza, do teatro e da literatura neste festival solidario cuxa recadación irá destinada aos proxectos de cooperación de Implicadas. A rolda de prensa contou tamén coa presenza de Susana Aríns, da directiva da ONGD, e da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

Implícate! Noite de música e palabra solidaria chega a súa duodécima edición co mesmo obxectivo co que se puxo en marcha: dar a coñecer a filosofía de traballo de Implicadas, os seus proxectos de cooperación ao desenvolvemento que está a levar en comunidades do Sur e as actividades de concienciación que realiza Implicadas no ámbito galego.

Nesta ocasión, Implicadas conseguiu reunir sobre o escenario a grandes nomes do mundo da música como DeVacas, Nacho Vegas e IGMIG; aos actores Marián Bañobre e Rober Bodegas do mundo do teatro; ou á bailarina Clara Ferradao. A poesía estará a cargo de Gonzalo Hermo, Margarita Ledo, O Leo e Eli Ríos. As artistas colaboran de xeito desinteresado e os cartos recadados destínanse integramente a financiar os proxectos de cooperación que a organización está a desenvolver na India: a erradicación do infanticidio feminino en Salem e o empoderamento de mulleres en Tiruchy.

Presentado por Yolanda Castaño e Monti Castiñeiras, o Implícate xa ten á venda as entradas a un prezo de 12€ en www.entradas.abanca.com ou na billeteira do Teatro Principal de Compostela.
Implicadas no Desenvolvemento é unha organización crítica e feminista de cooperación ao desenvolvemento fundada en 1998 que basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como alicerce para o desenvolvemento humano perdurable.

Podes descargar o dossier de prensa do festival nesta ligazón.

Podes mercar a túa entrada aquí.

Implicate 2017 | Implicadas no Desenvolvemento

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies