XIII Implícate: colabora!

Ene

14

Time: 20:30
Location: Teatro Principal de Santiago de Compostela

Precisamos a túa colaboración! Un ano máis, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá a cita anual de Implicadas coa cultura e a solidariedade. Artistas do mundo da música, danza, teatro e literatura daranse cita o domingo 14 de xaneiro, ás 20:30 horas, para participar na XIII edición do Implícate, noite de música e palabra solidaria presentada por Yolanda Castaño e Mon Santiso, e coas actuacións de Atrás Tigre, Mounqup, Roi Casal, ISI, Marta Iglesias e Xacarandaina, entre outras/os.
O obxectivo do festival, no que as/os artistas colaboran de xeito desinteresado, é facer un chamamento á solidariedade das galegas e galegos, unindo nesa noite a cultura galega e a solidariedade galega.
​E como che dicíamos… precisamos a túa colaboración! 
Neste link podes atopar o crowdfunding q lanzamos para a ocasión. Agradecémosche de antemán tanto a túa colaboración como a difusión que nos axudes a facer, tanto do crowdfunding como do festival! 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies