Fai unha doazón!

Se queres colaborar economicamente pero neste momento prefires realizar unha doazón a asociarte, non tes máis que facer un ingreso na nosa conta, indicando a palabra «doazón» no concepto.
TRIODOS: ES48 1491 0001 2921 3891 4227
Tamén podes facer a túa achega a través de Paypal. Non precisas rexistrarte nin ter conta, só unha tarxeta bancaria. É totalmente seguro e non pagarás comisión ningunha pola túa doazón. Pincha no botón:



NOTA IMPORTANTE: As persoas ou empresas que doen a unha entidade sen ánimo de lucro teñen dereito a deducións no IRPF y e no Imposto de Sociedades.

Nos primeiros meses do ano, todos os doantes deben solicitar á ONG o certificado de doazóns, un documento que teñen que presentar na Declaración da Renda e que dá dereito a desgravar un 25% (un 35% no caso das empresas) dos donativos e/ou aportacións periódicas. Máis info: secretaria@implicadas.com

QUE ACONTECE COA MIÑA CONTRIBUCIÓN?

Os cartos que se recollen mediante doazóns e as contribucións da base asociativa permítenos financiar de xeito o máis independente posible os nosos proxectos, tanto os de cooperación ao desenvolvemento no Sur, como os de formación, sensibilización e acción crítica en Galicia.

Ademais, cada tres meses recibirás información directa do proxecto co que colaboras onde poderás comprobar en que se investiu a túa contribución.

As nosas contas son públicas, pódelas consultar nas memorias anuais, que atoparás na sección de Arquivo e, en calquera momento, as/os socias/os poden poñerse en contacto con Implicadas para recibir información sobre os investimentos e gastos da organización.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies