Quen somos
Implicadas no Desenvolvemento é unha organización crítica e feminista de cooperación ao desenvolvemento fundada en 1998 que basea o seu traballo na procura da igualdade de xénero como piar para o desenvolvemento humano perdurable. Implicadas entende o traballo contra a pobreza como un exercicio de responsabilidade da cidadanía do Norte en busca de espazos para que a cidadanía do Sur, e en concreto as mulleres, poidan tomar decisións sobre as súas vidas.
Para Implicadas a pobreza é un problema político e polo tanto traballa na sensibilización e busca da participación da cidadanía galega na incidencia política, algo que promove a través de colaboracións co mundo da cultura, con outras organizacións feministas e grazas á súa base de voluntariado.
>> Descargar Estatutos de Implicadas.
_______________________________________________________________________________________________
Leave a Comment