<h2 style="width:100%;text-align:center;">MANIFESTO REACTIV_ARTE
<h2 style="width:100%;text-align:center;">IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO
A arte é un elemento dinamizador das sociedades e como tal ten un papel fundamental na transformación da maneira en que se establecen as relacións entre as comunidades do Norte e do Sur. Igualmente, a transformación do xeito en que as culturas determinan os papeis de homes e mulleres é fundamental á hora de enfrontarse aos patriarcados que interactúan dende o local ao mundial. Para transformar as relacións de explotación e neocoloniais, para ofrecer un coñecemento situado que poña en primeiro lugar a complexidade das nosas vidas individuais e colectivas, a arte ofrece un espazo primordial para o traballo feminista, a atención ás linguas propias, ás identidades diversas, ao traballo en dereitos. Estas son os alicerces do programa RE-ACTIVARTE.
As artistas participantes no programa REACTIVARTE tivemos a oportunidade de establecer un intercambio enriquecedor entre Galicia e Támil Nadu que tomou as nosas identidades, visións críticas feministas e lingua propia como base para analizarnos, coñecernos e valorarnos, para rachar con estereotipos e ideas adquiridas da outra, para crear xuntas.
Deste traballo agardamos tirar proveito nos nosos proxectos individuais e colectivos no futuro, por iso as participantes manifestamos o noso compromiso de seguir afondando nas relacións establecidas e seguir promovendo unha interacción entre o artístico e a visión feminista e crítica da cooperación que nos axude a tecer redes diferentes e, finalmente, a activar un espírito crítico e transformador nas nosas comunidades a través das relacións de afecto coas nosas outras, neste momento máis necesarias ca nunca.
- Thamizhachi
- Mangai
- Mercedes Queixas
- Iria Sobrado
- Irene Moreira
- Mercedes Suárez
- Alba Verdeal
- Laura Míguez
- Vicente Mohedano
%%tu firma%%
Leave a Comment