Programa formativo ‘Vanakkam’

O Vanakkam é un ciclo formativo de iniciación á Cooperación Internacional ao Desenvolvemento segundo o enfoque de xénero que organiza a ONGD Implicadas/os no Desenvolvemento en Santiago de Compostela. Na súa IX edición, a que terá lugar este ano 2015, o obxectivo é aproximar a realidade da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento con Enfoque de Xénero ás persoas interesadas en coñecer as metodoloxías de traballo propias de Implicadas.

vanakkamUn exemplo desta metodoloxía son os Grupos de Axuda Mutua, aplicada nos proxectos de cooperación internacional na rexión de Támil Nadu (India), país co que Implicadas leva traballando máis de 15 anos; ou o Artivismo, que vimos usando nos nosos proxectos de Educación ao Desenvolvemento en Galicia. Durante está xornada contaremos coa presenza de Aniruddhan Vasudevan, bailarín e activista támil, que nos ofrecerá a súa visión de como a arte e a cultura son ferramentas poderosas e imprescindibles para romper as estruturas de dominación e sometemento dos países do Sur por parte do mundo occidental.

Este ciclo formativo consta dunha parte teórica inicial que pode ser completada –no caso de interese particular das/os asistentes á formación asumindo os custes da viaxe– cunha experiencia práctica de 10 días coñecendo os proxectos de Implicadas na India.

PROGRAMA DE CONTIDOS:
BLOQUE I_ A cooperación ao desenvolvemento
BLOQUE II_ Actores da cooperación internacional. Implicadas no
desenvolvemento
BLOQUE III_ O enfoque feminista na Cooperacion Internacional
BLOQUE IV_ Metodoloxías e proxectos de Implicadas. Os GAM e o artivisimo

Vanakkam 2015

DATAS: 23 e 30 de maio, 6 e 13 de xuño de 2015
HORARIOS: Sábados de 09.30h a 14.30 h
DURACIÓN TOTAL DO PROGRAMA: 20 horas
LUGAR: Centro Sociocultural de Fontiñas. Santiago de Compostela
PREZO: 50€ para persoas non socias ou voluntarias/os
INSCRICIÓN: ata o 20 de maio

CONTACTO:
Enderezo electrónico: info@implicadas.com
Teléfono: 886 111 911 // 606 315 071 (en horario de 9.30-13.30 h)
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO : De 9.30h-13.30h na R/Barcelona 86, baixo.VIGO.

O Vanakkam! NON É PARA TI se:

– Buscas un programa de vacacións solidarias. Estamos a falar dun ciclo formativo, polo que as persoas que viaxen á India non realizarán ningún traballo nos programas. Visitarán as comunidades a diario e falarán coas persoas que as integran, así como co persoal do proxecto para aprender da súa experiencia pero non realizarán tarefas de ningún tipo.
– Queres facer unha viaxe de mochiler@ á India. Por suposto, o grupo terá a oportunidade de visitar templos e lugares de interese nas fins de semana, pero o Vanakkam non é unha viaxe de turismo: o seu fin é formar e sensibilizar ás persoas que participan nel. A visita aos proxectos ten un programa de actividades organizado ao que cómpre cinguirse.

vanakkamO Vanakkam! É PARA TI se:
– Queres aprender sobre cooperación ao desenvolvemento.
– Queres ver en persoa como traballa no terreo unha ONG de cooperación.
– Non queres ir de vacacións, senón a vivir unha experiencia formativa e cultural que che dará a oportunidade de interactuar con persoas que están cambiando as súas vidas e as das súas comunidades a través dos seus recursos e a súa iniciativa e aprender delas.
– Queres sentar unha boa base para iniciarte no mundo da cooperación ao desenvolvemento, tanto de xeito voluntario como profesional.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies