Voluntariado
En Implicadas temos unha fonda crenza na necesidade de que a sociedade civil sexa parte do cambio polo que loitamos e por iso somos unha organización de voluntariado que promove o activismo: as nosas mans, o noso cerebro e o noso corazón son as/os activistas que traballan a cotío con ilusión, compromiso e sentido da responsabilidade.
O voluntariado de Implicadas traballa nas actividades que se realizan en Galicia, polo que é un voluntariado de acción social.
Implicadas non envía persoal voluntario a traballar aos proxectos dos países do Sur.
Na actualidade, dispoñemos de grupos de voluntariado presencial en Santiago, A Coruña, Lugo e A Estrada. Estamos traballando para crear grupos novos noutras cidades e vilas, sen importar o seu tamaño. Tamén existen equipos virtuais que desenvolven tarefas moi diversas como tradución, maquetación e deseño gráfico, elaboración de documentos, audiovisuais, labores de prensa e comunicación, etc. dos que podes formar parte dende calquera lugar do mundo, sempre que dispoñas de conexión á Internet.
¿Sentes que a nosa filosofía é próxima a ti e queres compartir con nós o teu tempo e o teu traballo? Envíanos un correo a voluntariado@implicadas.com, poñerémonos en contacto contigo de contado.