2015, un ano de desafíos Posted diciembre 31, 2015 by Implicadas

0

Aínda que o 2015 foi un ano complicado para nós, botando a vista atrás podemos afirmar que mantivemos un nivel de actividade intenso e logramos seguir traballando a prol dos obxectivos que nos unen. A última das dificultades que afrontamos foron as inundacións en Támil Nadu que, aínda que non afectaron os nosos proxectos, engadiron un punto máis de preocupación, sobre todo vista a resposta tan tímida da nosa cidadanía: logramos recadar 777 euros co chamamento de axuda que publicamos, dun total de 2313 que se precisan.
Neste ano tivemos as visitas de 3 artivistas de Támil Nadu, e levamos a cabo todas as actividades habituais, dende Corre con Implicadas á Escola Feminista pasando polaAndaina ou o Implícate. O traballo coa nosa sociedade para crear unha conciencia crítica fíxose complexo, pero tamén necesario.
En Implicadas temos unha visión das nosas sociedades que é hoxe máis fundamental ca nunca e por iso queremos comezar o ano con grandes esperanzas, a primeira delas, chea de música, teatro, danza e poesía, témola dentro dun par de semanas no IMPLÍCATE, o noso festival de música e palabra solidaria. As entradas e Fila 0 están xa accesibles.
Agardámosvos o o 10 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, e a todas/os as/os socias/os, voluntarias/os e amigas/os de Implicadas, desexámosvos un bo ano 2016!
Implícate 2016, festival de música e palabra solidaria

.

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies