0

 

Entre os días 7 e 14 de abril teremos o pracer de contar coa visita da escritora e activista india Thamizhachi, que ademais de ser unha das voces máis prestixiosas da escrita poética en lingua támil, tamén é unha traballadora incansable a prol da palabra das mulleres.

T. Sumathy, coñecida no mundo literario como Thamizhachi Thangapandian, ten colaborado con Implicadas nos programas de cooperación ao desenvolvemento en Támil Nadu, e a súa visita a Galicia é unha das actividades que realizamos dende a ONGD no marco do proxecto REACTIV_ARTE. Thamizhachi é licenciada en filoloxía inglesa con especialidade en literatura inglesa polo Thiagarajar Arts College de Madurai, en Támil Nadu (India). Entre o 1996 e o 2008 traballou como docente no Queen Mary’s College de Chennai; recibiu como investigadora unha bolsa do AIC (Australia India Council) en 2004 e doutorouse pola University of Madras en 2010.

Ademais de ser unha poeta de gran recoñecemento en lingua támil, as súas áreas de interese inclúen as literaturas poscoloniais (en particular de Sri Lanka e de Australia); literaturas da diáspora (en particular da diáspora támil de Sri Lanka), a tradución, crítica e as artes escénicas (o teatro támil).

Ata o momento, publicou 12 obras en támil: Enjottu Penn (2004), Uravukal – Espo (2004), Vanapechi (2007), Pecharavam Ketilaiyo (2009), Manjanathi (2009), Naveenathuvavaathi Kamban (2010), Katru Konarntha Kadithangal (2010), Kalamum Kavithayum (2010), Soll Thodum Thoram (2010), Pampadam (2010), Aruhan (2011), Mayileragu Manasu (2012), Manvasanai (2013); e unha en inglés: Island to Island: The voice of Sri Lankan Australian Playwright: Ernest Thalayasingham Macintyre (2013). Hoxe en día, dedícase en exclusiva á escrita e á interpretación.

Velaquí tedes o programa de actividades nas que participará a escritora:

8 de abril ás 19h na Biblioteca Pública Central de Vigo: Encontro en colaboración co Centro de Documentación e Recursos Feministas do Concello de Vigo.

9 de abril ás 20h na Libraría Lila de Lilith (R/ Travesa, 7 Santiago): Encontro en colaboración coa plataforma A Sega. «A lingua e a literatura como ferramenta de empoderamento feminista».

11 de abril de 16 a 20 horas, no local de Implicadas no Desenvolvemento (R/ Barcelona, 86. Vigo): Obradoiro de escrita con autoras organizado por Implicadas e Apiario.

12 de abril ás 20:30h no restaurante Da India (Rúa Puerto Rico, 2. A Coruña): Cea (aberta ao público xeral) con Thamizhachi e coas voluntarias de Implicadas.

13 de abril ás 10:45h no Teatro As Torres de Santa Cruz de Oleiros: Charla en colaboración coas Bibliotecas de Oleiros para estudantes de secundaria.

13 de abril ás 19:30h na Biblioteca do Centro Ágora (A Coruña): Encontro en colaboración coa AELG.

Programa da visita de Thamizhachi a Galicia

 .

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies