
O martes 18 e o mércores 19 estivemos visitando o programa de Erradicación do Infanticidio Feminino en Salem. Durante estes días fixemos diversas visitas a distintas beneficiarias do programa. No transcurso das mesmas puidemos observar o importante cambio de mentalidade que se foi dando como resultado das accións das traballadoras de PDI e a importancia que para as mulleres ten que alguén fale con elas sobre a igualdade de xénero e planificación familiar.
Ademais destas visitas tivemos un encontro con tres das protagonistas do documental «Cambia de Papel». Impactounos a testemuña de Premalatha quen, grazas á súa participación nos Clubs de xénero non quedou de brazos cruzados ao saber que a súa familia non podía facer fronte ao pago dos seus estudos porque a filla maior acababa de casar. Agora mesmo está a buscar recursos xunto co Grupo de Axuda Mutua para poder continuar formándose no que lle gusta: Químicas.
0