
Instaladas na oficina de PDI en Tiruchy coñecemos de primeira man a súa forma de facer cooperación. Pola mañá cunha breve explicación por parte do seu persoal e da fundadora de Implicadas, e pola tarde visitando in situ algunhas das súas accións.
Unha delas foi a visita a un GAM (Grupo de Axuda Mutua) que leva 9 anos funcionando. Quedamos abraiadas coa cantidade de aforro que conseguiron ao longo deste tempo sumado aos múltiples proxectos que puxeron en marcha grazas á unión dos seus esforzos.
E que gratificante foi rematar a tarde con COLD WATER!!
Lembrámosvos que podedes seguir as publicacións das activistas que se atopan en Tamil Nadu na nosa páxina de Facebook.
0