
Hoxe, 14 de agosto, participamos nun grupo de discusión co alumnado da universidade de Bharathidasan (Tiruchy) organizado por N. Manimekalai, directora do Departamento de Estudos de Xénero. Durante esta interacción puidemos debater acerca dos estereotipos que existen sobre as mulleres do Norte no Sur e viceversa.
Puidemos observar que, independentemente do contexto no que nos atopemos, os argumentos que dificultan o cambio para que existan unha igualdade efectiva entre homes e mulleres son os mesmos: «as mulleres son as que deberían cambiar, son as nais as que reproducen as estructuras de desigualdade…»
Sen dúbida unha gran experiencia que nos fixo reflexionar sobre todo o que nos queda por avanzar.
Avante loita feminista!!
0