
Ao igual que en todas as localidades galegas, hoxe en toda a India é festivo. O festexo daquí cobra máis importancia: é o día da Independencia.
Para celebrar este día pola mañá engalanáronnos con tatuaxe de henna e pola tarde aproveitamos para facer turismo. Visitamos o Rockfort, un importante templo que está construído sobre unha rocha e que conta con máis de 400 escalóns para subir ata a parte máis alta, Uchipillaiyar, pequeno templo xusto na cima da montaña consagrado a Ganesh. A subida mereceu a pena.
0