
Con este sorriso saímos da reunión con Prema, unha das voluntarias de xénero nun dos suburbios de Trichy. Ela contounos as accións de sensibilización que desenvolve dentro da súa comunidade a prol da igualdade de xénero e detección de casos de mulleres en situación de risco.
Ademais disto, visitamos negocios de mulleres que naceron a raíz dos diferentes cursos de capacitación laboral. Para que estes emprendementos foran posibles contaron co crédito ao que acceden grazas ao Grupo de Axuda Mutua ao que pertencen. Un destes exemplos é Bashariya, que ten o seu propio negocio de costura.
E nós seguimos gozando dos sabores da India!
Lembrámosvos que podedes ler máis sobre a experiencia do grupo de activistas de Implicadas na nosa páxina de Facebook.
0