
Onte, 20 de agosto, estivemos en distintas aldeas do bloque de Thuvarankurichi. Ao longo da visita puidemos palpar os resultados das accións de capacitación laboral financiadas polo Fondo Galego de Cooperación. how to check if a site is down Estas formacións están incluídas no proxecto «Her voice II» e inclúen cursos para mulleres como: fabricación de compresas, bordado de blusas para saris ou realización de bolsos con material de refugallo. Aquí vos deixamos un exemplo das súas labores.
Tamén tivemos a sorte de poder presenciar a representación de varias obras de teatro de rúa que versaban sobre a violencia de xénero e que estaban protagonizadas polo persoal de PDI.
Con elas en privado aproveitamos para facer un intercambio cultural; tocar a pandeireta, bailar a muiñeira e cantar a Saia da Carolina. Toda unha foliada en plena India!
0