
Durante estes días, un grupo de activistas de Implicadas No Desenvolvemento visitará os diferentes proxectos que executa xunto coa súa organización socia PDI no estado de Támil Nadu (India). En sucesivos posts, así como no Facebook de Implicadas, partillaremos con vós as historias que nos conten estas activistas ao longo da súa estadía en Tamil Nadu, unha experiencia que, de seguro, resultará inesquecible para elas.
Aquí vos deixamos unha imaxe que nos enviaron da súa primeira cea en Tamil Nadu.
A viaxe foi longa e o recibimento da India especial.
Naalequi pakaalam!!
0