
O domingo día 16 emprendemos camiño a Yercaud, que dista de Tiruchy 175 km e o percorrido levounos 3 horas e media. Yercaud é unha estación de montaña situada no distrito de Salem a unha altitude de 1515 metros e, nada máis chegar, puidemos percibir o fresco nos nosos corpos… POR FIN!
O luns visitamos o Xardín Botánico e tamén navegamos nunhas curiosas pedaletas polo lago. Quedamos impresionadas coas vistas que puidemos divisar dende aló arriba.
Como despedida chegou o Monzón, pero nós como galegas que somos, «¡se chove, que chova!».
0