Off

O festival Implícate! Noite de música e palabra solidaria cumpre 10 anos no 2015, e para celebralo, Implicadas no Desenvolvemento promove un CD no que colaboran diversas músicas e músicos que participaron ao longo destes anos no festival: Mercedes Peón, Xabier Díaz, Uxía, Iria Piñeiro, Leilía, Carmen Rey, Xoan Curiel… O CD inclúe temas musicados de poemas de escritoras támiles, etíopes e galegas das obras ‘Vanakkam-Benvidas’ e ‘As que rubimos montañas’, editadas por Implicadas.

O próximo sábado 6 de decembro a ONGD fará unha presentación no Culturgal sobre a celebración dos 10 anos do Implícate! coa actuación de dúas músicas que participan no CD: Mercedes Peón e Xoán Curiel. No acto tamén estarán Lucía López Bayo, presidenta de Implicadas, Yolanda Castaño, poeta e presentadora do festival, e María Reimóndez, escritora e vicepresidenta de Implicadas. O acto terá lugar ás 19. 30 horas no Espazo Carpa.

Nestes 16 anos de traballo, Implicadas logrou poñer en marcha actividades como o Implícate! que xa son un referente no mundo da cultura e o compromiso por unha cooperación ao desenvolvemento dende outras bases. O Implícate é un espazo de colaboración que vai moito máis alá da noite do propio evento. Grazas a el Implicadas conta cunha rede forte e estable de colaboracións con persoas que usan os seus propios espazos de intervención cultural para dar visibilidade aos valores e traballo da organización.

>> A décima edición do festival Implícate! celebrarase o 11 de xaneiro de 2015 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

>> A ‘Axenda do Desenvolvemento 2015’, elaborada por Implicadas, inclúe contidos das 10 edicións do festival Implícate! Pódese mercar xa na tenda online de Implicadas

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies