Off

Como pode que xa saibades polo noso boletín e as redes sociais de Implicadas, a última semana de outubro e primeira de novembro estivo con nós en Galicia de I. Ambalavanan, o director de People’s Development Initiatives. PDI é a contraparte de Implicadas na India, e polo tanto a organización responsable de executar os plans de cooperación dos que Implicadas participa neste país. A súa estadía en Galicia supuxo unha oportunidade única para coñecer de primeira man o traballo que as ONG realizan no terreo e compartir experiencias e propostas.

AmbalÉ por esto que preparamos unha serie de actividades para estes días con Ambalavanan. Para comezar, tivo lugar Dá o paso, a III edición da Andaina Solidaria que Implicadas no Desenvolvemento organiza cada ano para pasar unha fin de semana de encontros e solidaridade nun entorno natural. O plan foi inmellorable: desta volta, percorremos os Ancares nun roteiro entre a Fraga de Cabana Vella e o Pico de Tres Bispos.

Xa que nos desprazamos a unha zona como Os Ancares, crimos interesante poder ofertar unha actividade que comprendera toda a fin de semana. Deste xeito, o día 24 realizamos unha pequena ruta na que mesturamos Mindfulness e Natureza, e o 25 tivo lugar a andaina, cunha participación de preto de 50 persoas.

Por outra banda, o venres día 30 proxectouse a longametraxe documental «Cambia de papel», e tivo lugar unha presentación de PDI na Universidade da Coruña coa participación de I. Ambalavanan. Levouse a cabo ademais unha exposición sobre os Grupos de Axuda Mutua (tedes máis información sobre o evento nesta ligazón). O día 3 de novembro tiñamos programada unha formación en Rianxo sobre Grupos de Axuda Mutua (GAM), a cargo do propio I. Ambalavanan e coa participación de María Reimóndez, fundadora de Implicadas e experta nesta metodoloxía, pero lamentablemente non se puido realizar ao non realizarse inscricións suficientes.

A metodoloxía dos Grupos de Axuda Mutua (GAM) nace no ano 1984 da man da ONG de Karnataka (India) MYRADA. Esta organización foi quen de traducir as evolucións no pensamento e práctica de erradicación da pobreza nunha metodoloxía que superase as eivas atopadas. Esta metodoloxía promove a participación activa da cidadanía e posibilitan o seu protagonismo na loita contra a pobreza e a transformación de estruturas políticas e sociais que continúan a perpetuar as desigualdades, neste caso a sensibilización de mulleres en risco, para que vexan a capacidade e poder que teñen para, organizándose nos grupos de axuda mutua, mellorar a súa situación e, por extensión, a das súas crianzas..

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies