Off

A Axenda do Desenvolvemento, tras cumprir 10 anos, é xa un dos materiais que se vinculan a Implicadas e que axuda, ao tempo que cumpre a función que lle é propia, a difundir mensaxes de carácter solidario e a reflexionar sobre situacións de inxustiza, de desigualdade e tamén de esperanza. A Axenda xorde dunha idea novidosa e única en Galicia da man de Implicadas no Desenvolvemento, que consiste en elaborar un material informador e sensibilizador (sobre as desigualdades norte-sur e de xénero e sobre o traballo de Implicadas) que ata o ano 2005 non existía no país, co obxectivo de recadar fondos para os nosos proxectos.

A Axenda do Desenvolvemento 2015 está adicada ao 10 anos do Festival Implícate! Noite de música e palabra solidaria.

As características técnicas da Axenda son: peso aproximado: 200 gramos; dimensións: 13cm x 11cm x 1,5cm

axenda2015

A axenda estará á venda no local de Implicadas en Vigo e en diferentes tendas e librarías de Galicia que colaboran coa ONG. Nos próximos días daremos información destes puntos de venda. Tamén se pode mercar enviando un correo electrónico a info@implicadas.com

.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies