Inundacións en Tamil Nadu: chamamento de axuda Posted diciembre 9, 2015 by Implicadas

0

Durante as últimas semanas o estado de Támil Nadu está padecendo fortes inundacións debido a un monzón nororiental de insual forza. Os efectos das inundacións están limitados aos distritos de Chennai, Thiruvalloor, Kanchipuram e Cudallore. Aínda que ningún dos programas de Implicadas se viu afectado, a nosa organización compañeira PDI decidiu achegarse a Cudallore o 5 de decembro e coa axuda de cinco médicas/os distribuíu alimentos en Vilava Nagar, un suburbio deste distrito. Polo de agora estase facendo fronte á emerxencia por parte das instancias gobernamentais, voluntariado e ONGs locais e mobilización de fondos de persoas de todo o estado que envían cartos ás afectadas. Particularmente, a cidade de Chennai mobilizouse na súa totalidade e moitas das nosas amigas que viven alá, como Thamizhachi, levan días acollendo xente nas súas casas ou distribuíndo axuda.

En Implicadas, como compañeiras do pobo támil dende hai moitos anos pensamos que é tamén hora de estar a carón das persoas afectadas e en particular da nosa organización compañeira PDI que, tras a súa visita a Cudallore, nos enviou unha solicitude de axuda para distribuír materiais de axuda de emerxencia a 85 familias de Vilva Nagar que perderon as súas casas e precisan apoio mentres non baixa a auga e poden comezar a reconstruír as súas vidas.

Segundo as necesidades avaliadas, PDI propón distribuír a todas as familias potas, vasos, pratos e recipientes para comida. A cantidade precisa para as 85 familias son 2313 euros (uns 27 euros por familia).

Podes facer a túa doazón na conta
TRIODOS ES48 1491 0001 2921 3891 4227 especificando INUNDACIÓNS no concepto. Daremos debida conta da distribución destes materiais a todas as persoas que fagan a súa doazón, para isto cómpre que teñamos o correo electrónico.

Axúdanos a difundir e a conseguir a cantidade que precisamos no menor tempo posible!

 

*Actualización: o día 24 de decembro levábamos recadados 777 dos 2213 euros que se precisan para axudar a esas 85 familias. Continuamos pedindo a vosa colaboración para acadar a cantidade necesaria!

 .

Leave a Comment

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies