
>> Precisamos voluntari@ para coordinar a Área de Voluntariado
Precisamos unha persoa que se encargue de coordinar o voluntariado da ONGD. As súas funcións serán:
-Captación de novo voluntariado.
-Actualización do rexistro.
-Seguimento dos grupos de voluntariado.
-Organización do programa de formación permanente.
Buscamos unha persoa motivada polo labor de sensibilización, a cooperación e a desigualdade, que se comprometa e sexa responsable no exercicio das súas funcións. Deberá ser unha persoa dinámica, organizada e con capacidade para traballar en equipo. Por outra parte, debería ter dispoñibilidade para desprazarse periodicamente ás cidades nas que Implicadas ten grupos de voluntariado presenciais.
Se estades interesadas/os en colaborar, poñédevos en contacto enviando un correo ao enderezo voluntariado@implicadas.com
>> Precisamos voluntari@s para o grupo virtual de prensa
Buscamos voluntarias e voluntarios para colaborar con nós dende o grupo virtual de prensa. As funcións dos/as voluntarios/as de prensa son, principalmente, redactar e enviar notas, comunicados e demais materiais, facer seguimento das aparicións en prensa e achegar ideas ou suxerencias para mellorar as relacións cos medios.
Se estades interesadas/os en colaborar, poñédevos en contacto enviando un correo ao enderezo voluntariado@implicadas.com.
>> Precisamos voluntari@s nas cidades galegas
En Implicadas realizamos voluntariado de acción social en Galicia. Existen grupos locais de voluntarias/os que organizan eventos e actividades nas súas cidades, co obxectivo de concienciar, sensibilizar ou dar a coñecer a organización, así como de recadar cartos para os nosos programas de cooperación.
Na actualidade temos grupos de voluntariado na Coruña, Santiago, Lugo e A Estrada.
Se tes tempo e ganas de cambiar o mundo, comezando dende a túa propia cidade ou municipio, ponte en contacto con nós no enderezo voluntariado@implicadas.com.
0